b. c.
- La Voz de Galicia
Aínda que os catoirenses non
poderán poñer os seus traxes vikingos nin desembarcar no municipio de
Catoira ata agosto, os interesados en vivir esta experiencia medieval xa
poden solicitar a súa praza, tanto para colocar un posto no mercado
como para navegar en barco polo Ulla.
Todo
aquel que queira formar parte da tripulación do Desembarco Vikingo ou
desexe vender os seus produtos no mercado medieval, debe descargar o
formulario dispoñible na sede electrónica da páxina web do Concello e
entregalo cuberto, ben no rexistro do consistorio ou ben mediante a
mesma sede electrónica.
O prazo de inscrición
para os tripulantes abriu onte e remata o 24 de xullo, e os feirantes
teñen ata o día 29 para pedir a súa praza no mercado da Romaría Vikinga.
Como cada ano, os empadroados en Catoira e os que repitan nesta festa
teñen preferencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Escribe aquí tu comentario